Posted on Maio 17, 2013 in Sen clasificar by Cantares do BriónComentarios desactivados en Cantares do Brión comparte «Has de cantar», a súa peza de homenaxe a «Cantares gallegos»

No día en que se cumpren 150 anos da publicación de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, Cantares do Brión comparte a partitura de «Has de cantar…», a peza composta polo director, Pablo Rial Salgueiro, con motivo deste aniversario. A composición, musicada a partir das primeiras estrofas do poemario, será estreada polo Coro Tradicional Cantares do Brión este sábado 18 de maio no auditorio do Centro Cultural de Vincios (Gondomar), onde se celebra o Día das Letras Galegas, que este ano está dedicado ao dramaturgo Roberto Vidal Bolaño. Aquí quedan, pois, as dúas follas das partituras para que quen queira poida espallar polo mundo adiante a música e a poesía de noso.