Posted on Xaneiro 23, 2013 in Sen clasificar by Cantares do BriónComentarios desactivados en II Encontro de Coros Tradicionais CANTARES NO MIÑOR

O vindeiro sábado 26 de xaneiro ás 20:00h no Auditorio Municipal V Centenario de Baiona Cantares do Brión organiza unha nova edición de Cantares no Miñor. Neste II Encontro de Coros Tradicionais Cantares no Miñor o coro convidado é a Coral de Ruada, de Ourense, unha formación histórica fundada en 1918 e que conta con innumerables premios e recoñecementos polo seu labor musical, ademais das numerosas gravacións que leva realizado. O acto, no que tamén actuará o Coro Tradicional Cantares do Brión, será presentado polo Leo de Matamá.

Este encontro de coros tradicionais, que se celebrou o ano pasado por primeira vez, cun éxito considerable e con gran afluencia de público, pretende irse consolidando para dar a coñecer no Val Miñor os coros de música tradicional que existen no noso país.