Posted on Maio 7, 2012 in Sen clasificar by Cantares do BriónComentarios desactivados en Semana das Letras Galegas 2012

Nesta Semana das Letras Galegas, dedicadas este ano 2012 a Valentín Paz Andrade, Cantares do Brión organiza unha charla-coloquio, xunto co Conservatorio Profesional de Música de Vigo e participa en dous actos para conmemorar estas datas:

  • O martes día 15, ás 20:00 no Conservatorio Profesional de Música de Vigo, Moncho do Orzán ofrecerá unha charla-coloquio titulada «Os coros das Irmandades. Un xeito de vivir o País».
  • O xoves día 17, ás 19:30 no Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar, Cantares do Brión actuará no marco do Día das Letras Galegas organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos, onde tamén se recitarán poemas de Valentín Paz Andrade.
  • O domingo día 20, ás 19:00 Cantares do Brión actuará no Centro Cultural de Vincios para celebrar o Día das Letras Galegas organizado pola Asociación de Veciños Galiñeiro de Vincios.

 

Posted on Maio 7, 2012 in Sen clasificar by Cantares do BriónComentarios desactivados en Cantares do Brión participou na Sentada Lectora de Espazo Lectura

O Coro Tradicional Cantares do Brión participou o pasado domingo 22 de abril na Sentada Lectora organizada por Espazo Lectura na Alameda de Gondomar para celebrar o Día do Libro e a Lectura. Antes de que Cantares do Brión pechase o acto con varias cantigas, interviu o grupo Migallas, as persoas asistentes sentaron a ler durante dez minutos e a xornalista Araceli Gonda e mais a actriz Paula Carballeira leron un manifesto a favor da lectura.

Deixamos aquí as fotografías do evento realizadas por Manuel G. Vicente: