Posted on Abril 4, 2012 in Sen clasificar by Cantares do BriónComentarios desactivados en Na homenaxe a Xosé Mª Fonseca Moretón

Cantares do Brión actuamos no acto de nomeamento como Economista do Ano de Xosé Mª Fonseca Moretón, que tivo lugar o día 16 de marzo no Hotel Pazo Los Escudos, na parroquia de Alcabre, en Vigo; un evento que convoca anualmente o Colexio de Economistas de Pontevedra e que nesta ocasión estivo presidido polo presidente da Xunta de Galicia e outras autoridades, e contou coa asistencia dunhas 300 persoas.

Xosé Mª Fonseca Moretón é presidente do consello de administración de Bodegas Terras Gauda, tamén de Viñedos e Bodegas Pittacum e, asemade, da Fundación para la Cultura del Vino.

O noso coro sumouse á homenaxe, «non por motivos protocolarios ou de compromiso, senón por compartir cousas como o amor polo viño, pola música e pola tradición», como dixo o noso presidente no curso do acto.

Sabedores da súa afección pola música –Xosé Mª foi integrante no seu día da Charanga do Cuco de Velle e na actualidade é compoñente do grupo Con la Venia– preparamos «A Rosiña»,  peza destacada do repertorio da charanga ourensana, e convidamos ao homenaxeado a interpretala con nós, como se pode ver nunha das fotografías.

X. Mª Fonseca Moretón cantando «A Rosiña» co Coro Tradicional Cantares do Brión

O homenaxeado saudando ao noso director, Pablo Rial

Vista xeral dos asistentes ao acto