Posted on Decembro 7, 2011 in Sen clasificar by Cantares do BriónComentarios desactivados en Próximas actuacións de Cantares do Brión

Día 18 de decembro, en Mañufe

O domingo, 18 de decembro, ás 20:00 horas actuaremos no Concerto de Nadal do Centro Cultural de Mañufe (Gondomar), compartindo escenario co coro desa entidade. Na foto, un momento da actuación nese mesmo lugar o 27 de decembro de 2009, cando aínda non tiñamos preparados os traxes de gala cos que saímos ao escenario na actualidade.

Día 30 de decembro, en Vincios

O venres, 30 de decembro, ás 20,30 horas, concerto no Centro Cultural de Vincios (Gondomar), con algunhas novidades: pezas novas, interpretacións instrumentais e parellas de baile. Na foto, durante a presentación oficial de Cantares do Brión no Centro Cultural de Vincios, o 22 de xaneiro de 2011.

Posted on Decembro 7, 2011 in Sen clasificar by Cantares do BriónComentarios desactivados en Cantares do Brión en espazo aberto

No Galiñeiro

A solicitude da Plataforma pola Protección da Serra do Galiñeiro participamos o día 18 de setembro na II Andaina Aloia-Galiñeiro interpretando na panasqueira de riba, no merendeiro da Comunidade de Montes de Vincios, varias pezas do noso repertorio.

Ensaio na rúa

O domingo, 30 de outubro, o ensaio habitual do coro tivo lugar na Alameda de Gondomar, rodeados de amigos e conveciños.


 

Na voda de Pablo e Mirian

O día 19 de novembro acudimos ás portas do Xulgado de Paz de Gondomar onde casaron a nosa tesoureira, Mirian, e o noso director, Pablo. Despois do estoupido dunha considerable traca de petardos prendida polos amigos da parroquia de Vincios, de onde os noivos son naturais, o coro Cantares do Brión, que ocupou a metade da rúa, interpretou o Alalá nº 3 e a Foliada de Vincios. A seguir, sesión vermú no café Rañolas, convidados polos contraentes.