Posted on Setembro 13, 2010 in Sen clasificar by Cantares do BriónComentarios desactivados en Os traxes de Cantares do Brión, case preparados

Patricia González, a nosa compañeira corista e costureira de recoñecido prestixio en todo o país, xa ten practicamente rematados no seu obradoiro de Saiáns todos os traxes que utilizaremos nas próximas actuacións. Ela e o seu equipo de profesionais, así como o tamén compañeiro noso Isaac Teniente, asesor téxtil imprescindible e incansable, lévanlle dedicado un feixe de horas que non teñen prezo e este labor da vestimenta. Despois de varios concertos utilizando camisetas e vaqueiros, xa todos e todas temos ilusión por estrear os traxes de gala que de seguro propocionarán unha imaxe moito máis elegante da nosa formación.